Saturday 18 de May de 2024

O Concello aproba o estudo de detalle que permitirá construír o centro de día de Adaceco en Eirís


O Goberno de Inés Rey deu luz verde tamén ás bases para o desenvolvemento da urbanización dun polígono da Falperra que permitirá completar soares baleiros coa construción de novas vivendas

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe de xeito inicial o estudo de detalle que permitirá a construción dun centro de día promovido pola Asociación de Dano Cerebral da Coruña (Adaceco). O ámbito do estudo de detalle é a parcela número 45 do API R31 de Eirís, un terreo municipal que lle foi cedido á entidade polo Goberno de Inés Rey o 25 de outubro do 2019 co dito fin.

O documento permite unha reordenación de volumes na parcela, dentro das determinaciónsque establece a Norma Zonal 8, actualmente en vigor. O estudo permanecerá a exposiciónpública polo prazo dun mes e permitirá a construción dun edificio de planta baixa e tres alturas cun uso social e asistencial dentro dos fins establecidos pola entidade promotora.

“Tratamos de facilitar que as entidades sociais dispoñan dos medios necesarios para o desenvolvemento do seu necesario traballo, esencial moitas veces, como no caso de Adaceco, para axudar a moitas persoas”, indicou a alcaldesa, Inés Rey.

Ademais, a xunta de goberno aprobou tamén de xeito inicial o proxecto base de estatutos do POL 25, denominado “Fuente Seca del Monte”. Trátase dun documento preciso para levar a cabo o desenvolvemento urbanístico dunha superficie de case 1.000 metros cadrados no barrio da Falperra. O polígono en cuestión, recollido no Plan Xeral Municipal, atópase entre as rúas Falperra, Fonte Seca do Monte e Sinforiano López, un terreo cualificado como urbano non consolidado que agora se poderá incorporar á trama urbana do barrio ofrecendo novas vivendas e espazos públicos.

Por outra banda, a xunta de goberno deu luz verde tamén a un total de 182 novos expedientes, dos que 40 son licenzas urbanísticas, 76 en réxime de comunicado, 34 para o exercicio de actividade mediante comunicación previa e 17 para o mesmo fin mediante